martes, 8 de mayo de 2012

Empanada de millo


 Porque dende hai un tempo cara acá que se ve de todo por ahí e chámanlle empanada de millo. Empanadas de millo que levan mais trigo que outra cousa. Empadas de millo que levan levadura, centeno e moito mais. ¿onde está a empanada de millo lo?.

A empanada de millo so leva millo, auga e sal. Nada mais. Dentro méteselle o que che pete. A min gústame moito de xoubas ou mexelons. O aspecto exterior e outra cousa. Alá a habilidade de cada un. Podense dar uns cortes para que quede mais bonito ou deixar que quebre ela soa, como a da foto. Podeselle untar por riba co aceite do amoado ou con aceite limpo. Seguro que hay moitas empanadas de millo, case como casas, pero se e de millo, e de millo.


Wikio

1 comentario:

Larpeira Singluten dijo...

A verdade é q ten unha pinta excelente... como pobre celíaca estou máis q obrigada a non botarlle nin centeo nin fariña triga, pero é certo q axudan moito a traballar a masa.... eu morro pola de mexilóns ou a de croques... iso sí, ben untadiña no aceite do amoado :)___
E a receita q?? tí só queres poñernos os dentes longos jeje