martes, 19 de agosto de 2008

«o seu futuro será en bicicleta ou non será».

Esta es una noticia que salió en La Voz de Galicia el 15 de agosto en referencia al pregón que el dia anterior y con motivo de las Fiestas de San Roque '08, dió Carlos Blanco. ¿acaso algo empieza a cambiar?


O fillo de Sinda volve á bici

San Roque arrincou onte con sorrisos, aplausos, algunha que outra bágoa e reivindicacións: arrincou con Carlos Blanco

Autor: María Santalla 15/8/2008

Percorreu Vilagarcía como adoitaba facelo de neno: en bicicleta. E así chegou onte a Ravella. Pero o que non se imaxinaba aquel rapaz que un día pedaleaba polas Bocas, por Rubiáns, por Vilaxoán ou por Carril, é que algún día entraría na Casa Consistorial flanqueado pola banda de música e escoitando os acordes do pasodobre Triunfo -«ben tocado, rapaces», dixo despois á banda-.

Pero ocorreu. E onte Carlos Blanco leu o pregón co que se iniciaron as festas de San Roque. Por un momento volveu ser «ou fillo de Sinda, a dás las», e «o fillo de Manolo». Para el «Vilagarcía é mamá». E por iso emocionouse cando recordou esa vella Vilagarcía que percorría en bicicleta.

Esa Vilagarcía á que segue regresando con frecuencia, pero que xa non é igual. A de hoxe é «a dous atascos, a dás horas punta, a dos mercadillos e dás grandes superficies, a dos auditorios e tanatorios e os McDonald's». é, tamén, unha Vilagarcía «que ben merece ser vivida en bicicleta», porque o seu futuro «será en bicicleta ou non será».

Escoltado polos benxamins, dende o balcón de Ravella Carlos Blanco falou da súa familia porque, á fin e ao cabo, se non fose polo clan Blanco «a ver que farían os da prensa local». E lanzou a Antón Paz o empuxón dos seus veciños para esa loita que inicia hoxe por conseguir a gloria olímpica.

Reivindicou tamén o medio ambiente e o apelido de Vilagarcía: Arousa. Falou dos depósitos e das verteduras en Sálvora e invitou aos vilagarciáns a non esquecer nunca que son de mar e a pelexar por esa ría «que nos dá vida e traballo e que nos trae a morte tantas veces, tabaco, coca, toda esa morralla».

Pero a de hoxe é, tamén, unha cidade -perdón, unha vila, porque «non somos cidade nin falta que nos fai»- gobernada por unha muller, «que xa era hora». Unha «amiga» pola que se interesou e sobre a que oíu «de todo», ata a alguén que lle preguntou «se a alcaldesa nova era ese señor de bigote que vai a todos os actos», en alusión a Castro Raton.

Blanco finalizou ese «percorrido emocional» por Vilagarcía invitando a gozar da festa, da auga, dos concertos ou das procesións. «Quero ver, un ano máis, esa Vilagarcía de festa rachada e zona húmida a ritmo do pasodobre Triunfo ». Coa imposición na súa solapa de insignia da cidade e cos fogos de artificio, pero sobre todo co aplauso, coas risas e coa emoción da súa xente, finalizou o pregón de Carlos Blanco , «ou fillo de Sinda e de Manolo». Comezaban, a esa hora, dez días de festa rachada en Vilagarcía.

Versión en castellano

No hay comentarios: